sábado, 8 de noviembre de 2008

EL ALCALDE DE VIGO DON: ABEL CABALLERO CON EL CONSUL GENERAL DEL PERÚ EN ESPAÑA DON: MANUEL PALOMINO DE LA GALA EN EL CONCELLO DE VIGO


Perú abrirá en Vigo o seu consulado para Galicia

O seu Cónsul Xeral en España, Manuel Palomino de la Gala, entrevistouse este venres co alcalde, Abel Caballero, para informarlle da decisión adoptada polo goberno peruano. O rexedor mostrouse satisfeito pola nova e salientou a "fluidísima e importante" relación pesqueira de Vigo con Perú.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres ao Cónsul Xeral do Perú, Manuel Palomino, que lle anunciou a inminente posta en marcha na cidade do consulado peruano para Galicia.

Alcalde e Cónsul barallaron a posibilidade de habilitar un espazo temporal en Vigo onde establecerse ata que o goberno non designe ao seu titular e poder así operar "de forma inmediata", explicou Abel Caballero.

O rexedor mostrou a súa satisfacción pola noticia, que reforza á cidade como sede de establecemento dos corpos consulares en Galicia. En especial citou a "fluidísima e importante" relación pesqueira existente entre Vigo e Perú, feito que constata a presencia do Ministro de Pesca deste país na Feira Conxemar.

Abel Caballero subliñou a número importante de peruanos que habitan en Vigo, así como o seu alto grado de integración na sociedade olívica.
Viernes 7 de Nov 2008

No hay comentarios: